jueves, agosto 25, 2011

tes que quererme...


Cuadro de Odile de Schwilgue




tes que quererme
hoxe
envolverme con lazos
de satén ó teu corpo
e xirar
ata que perdamos
o norte

logo nutrirás
as miñas ansias
con xermolos
de beixos

e eu  atraparei
no aire
fogos de artificio

cando  xa estemos fartos
do noso amor
abriremos a ventá
e contaremos as estrelas


lunes, agosto 15, 2011

rachou o solpor en mil anacos ...

Ilustración de Stella Im Hultberg



rachou o solpor en mil anacos

instalouse un outono
madrugador nos pés
e na espesura dos ollos
naufragou o silencio

máis noutrora…

eu atrapaba a lúa
coas pestanas
xiraba e xiraba
bailando cos teus dedos
na miña cintura

e ti…

xogabas  cos meus abrazos
e fundías un  trisco de estrela
preto do meu corazón

quixen permanecer así
para sempre
pendurada dos teus aloumiños

pero rachou o solpor
en mil pedazos
e un eclipse longo
anidou  no sorriso


miércoles, agosto 10, 2011

De repente para de llover...


"Lluvia de cometas" Jesús Dorta


De repente para de llover.
No qué proezas haces para conquistar el sol.

Tiendes una cometa a  mis pies desnudos.
La recojo y deslizo la cuerda entre mis dedos
ávidos por volarla.

Y ahí va.
Dejando siluetas en el aire,
escapando con mis dolores.

Me hago pequeña a tus ojos.
Te ríes de mi  cara infantil
y me  regalas un guiño fresco.

No sé cómo te las arreglas
para quitarme una sonrisa
desde dentro,
cómo haces para quererme.

Y  de repente un día deja de llover.
No sé qué extrañas proezas has hecho
para conquistar el sol.

martes, agosto 02, 2011

volvíase sombra cando cantaba...

Cuadro de Odile de Schwilgue



volvíase sombra cando cantaba
e ía tocando ás portas do desexo

unha canción
e un haiku

detestaba esperar
a que él espertase
da sesta
metíase nas sabas quentes
e coas xemas debuxaba
unha verea sinuosa
no corpo durmido

e unha melodía atrapaba
a suave curvatura
das nádegas

mentres    o sol que rachaba
na estancia
facíase máis grande
e a sombra desaparecía
envolta nun xemido

miércoles, julio 20, 2011

En otra vida fui pez...

Ilustración Nicoletta Ceccoli



En otra vida fui pez. Lo sé porque cuando me sumerjo en la bañera unas pequeñas branquias asoman a  ambos lados de mi cabeza.
Y respiro.
Me inundo de otra vida que fue la mía hace miles de años.

Permanezco en el agua hasta que mis piernas comienzan a tomar un leve color plateado y como por arte de magia se transforman en una cola de sirena.
La acaricio con ambas manos y me procura un sustento que tenía olvidado: transformarme en la ninfa de tus ojos.

Y caigo en un mar de burbujas y  ensueño.
Mudo mi piel por otra cubierta de escamas.
Y soy una mujer libre.
Sí.


miércoles, julio 13, 2011

feitizo de lúa ...



Foto sacada de Internet
feitizo de lúa
néboa evanescente
que deleita
a fantasía

sortilexio de mares
bruma disipada
por un corpo
de serea

amálgama de ocasos
preto do corazón

bálsamo de violetas
na procura do elixir
que me devolverá
á vida

miércoles, junio 29, 2011

hoxe baixei ata ti...

Acción poética


hoxe baixei ata ti
só para quererte

fun unha raiola
entre os teus dedos

e deixeime facer…

con mimos e bicos
de bolboreta
coa calor do teu corpo
dobregado

e toleei …

Bicos
       Bicos
Bicos…

bicos roxos que naufragan
no eixe da vida
bicos suaves
bicos a presas
morea de bicos

Bicos
       Bicos
Bicos…

baixei ata ti
só para quererte
e ti estabas ali
só para quererme

sábado, junio 18, 2011

Calla conscientemente...




Calla conscientemente
y en un susurro
desbloquea el  pensamiento.

Protege mi lucha diaria
con un cuenco tibetano.

En un haz de luz
asalta mi espada.

Y atrapa el silencio
y el alma despierta.

Y duerme el sonido.

Yo lo sigo con los ojos cerrados.

No me hace falta nada más.

martes, junio 14, 2011

Tarde no maínzo...

Foto sacada de Internet
Tarde no maínzo,
alá, no fondal.

Perseguir a primavera
a carón da eira.

Enredarse coas raiolas
entre os bidueiros.

Xogar con espigas.

Manchar o peto de careixós
logo de fartarse deles.

Bailar muiñeiras.

Botar gargalladas
ó vento.

Saciar a fame
con doce de cabaza.

Enchouparse de sol
nos días curtos.

Permanecer aquí,
nesta paraíso terrestre.

sábado, mayo 28, 2011

quero que ti me espertes...






quero que ti me espertes
despois da madrugada
co murmurio das túas ás
estendéndose
a carón do meu peito


quero que ti abraces ese enredo
que fan as miñas pestanas cando
me rozas    nese intre
onde bailo contigo
un fado de amor