miércoles, junio 29, 2011

hoxe baixei ata ti...

Acción poética


hoxe baixei ata ti
só para quererte

fun unha raiola
entre os teus dedos

e deixeime facer…

con mimos e bicos
de bolboreta
coa calor do teu corpo
dobregado

e toleei …

Bicos
       Bicos
Bicos…

bicos roxos que naufragan
no eixe da vida
bicos suaves
bicos a presas
morea de bicos

Bicos
       Bicos
Bicos…

baixei ata ti
só para quererte
e ti estabas ali
só para quererme