UN RECORDO, UN CINAMOMO ROSA. UNHA IMAXE, A MIÑA MADRIÑA FALÁNDOME. COIDO QUE NESE "AGORA" DA MIÑA INFANCIA COMECEI A OLLAR COMO POETA.
jueves, diciembre 29, 2011
Quero volver. Non importa a pena que me poñas.
Imaxe de Dennis Ziliotto
Quero volver. Non importa a pena que me poñas.
Regresar a ese aire famento de ilusións.
Construir columnas con buguinas e cunchas.
Adornar entradas con fentos e calas.
Debuxar teitos con arcos da vella.
Quero volver, nadar espida saltando nas ondas da miña inconsciencia.
Secarme ó sol .
Viaxar ó longo do teu corpo saboreando a picardía nos teus ollos.
Capturar o eco do sorriso.
Contemplar volvoretas.
Brincar entre bidueiros.
Abrazar.
Tornar coas mans cheas para darlle una volta de esperanza ó ano que empeza!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)