Relojes blandos- Salvador Dalí.
hai moito tempo que o
tempo existe
e non hai mais tempo que o que é
o tempo que se desfai
como as follas dunha
margarida
nas nosas mans
o tempo que nos
engana
o tempo maino
o tempo do revés
o tempo cruel
o tempo en que ti existías
para min
o tempo que rouba os corpos
os sorrisos
o tempo fráxil como una corda no precipicio
o tempo sereno como as enrugas na túa fronte
non hai mais tempo que o que é
non sufras miña rula
que o tempo volverá a traer as flores da primavera
os recordos máis vívidos no teu andar
e todo é un suspiro
o tempo é una ilusión
non sufras, miña rula