lunes, marzo 19, 2012

agora sen ti

                                             Cuadro de Mara Light. "Light Taryn Draped in Red"



agora sen ti
sen o refuxio que proporcionan as túas caricias

suplicando ver os teus pasos no pavimento
agardando a que abras a porta
e suspires no meu pescozo

agora    sen momentos que contemplar
tras os cristais

agora sen ti


Ela  permanecía oculta tras as cortinas que se abaneaban co vento do nordés.
Queda e muda, observando unha primavera agonizante.

Prendida dos recordos que nunca volverán, imaxinando que en calquera momento unhas mans delicadas rodearían o seu van e sería despois cando ela entornaría os ollos  para agasallar  todo o seu corpo coa cadencia dun valse...