domingo, septiembre 14, 2014

Era unha principiante





Imaxe de Holly Sierra


Era unha principiante querendo captar unha raiola coándose entre os bidueiros,
unha comerciante tratando de mercar a luz espallda nunha figueira.

Era unha aprendiz absorbendo o fulgor dun sol alaranxado no milleiral,
unha bruxa capturando a lúa acaramelada dos días de setembro.

Era unha nena, unha deusa, unha fada que se escondía nas fragas debaixo dun tileiro,
unha muller mirando a través destes ollos…