jueves, agosto 25, 2011

tes que quererme...


Cuadro de Odile de Schwilgue




tes que quererme
hoxe
envolverme con lazos
de satén ó teu corpo
e xirar
ata que perdamos
o norte

logo nutrirás
as miñas ansias
con xermolos
de beixos

e eu  atraparei
no aire
fogos de artificio

cando  xa estemos fartos
do noso amor
abriremos a ventá
e contaremos as estrelas