martes, octubre 25, 2011

Cando todo se cobre de neve...

                                         Imagen de Rudolph Carl Gorman


cando todo se cobre de neve
e só queda un buraco por onde
respirar

cando apertan as falorpas
engarzadas unha a unha arredor
do pescozo

cando os berros afogan
nunha avalancha a catro metros
baixo terra

cando no é doado camiñar
nin con calzado axeitado

cando  pesan máis os recordos
que  o propio corpo

cando non se atopan avelaíñas
na noite fría

eu suspiro, refrego as mans
ata que aparece a calor
e quento o meu corazón