miércoles, diciembre 09, 2009

fico sentada...



                                               Foto sacada de Internet


fico sentada
calada ensimesmada
apoucada sosegada
inundada

deixo pasar un segundo
no teu tempo
como unha raiola
para que me sigas

e volvo cara ó interior


domingo, diciembre 06, 2009

Eran como dous elfos...

Eran como dosu elfos
gardándose da noite
negra

Eu mirábaas
co iris amarelo
da nostalxia

E fun quen de ver
tralos seus ollos
espidos

Lonxe das miradas
alleas

Vin a dúas mulleres
fermosas
a un amor
ceibo

Eu estaba sentada
elas na barra do bar