Ir cara atrás, no tempo dos xogos.
Mirarse no espello dunha mirada pura.
Rir ata ter maniotas.
Contar contos mentres a lúa enche o ceo.
Mecer os soños nunha góndola dourada.
E recuperar de novo aquel
recolle estrelas
que un día inventei
para ti.