sábado, septiembre 19, 2009

Onte, ó amencer...


Eliminar formato de la selección

Onte,ó amencer
o resío cubría
as tellas laranxas
da túa casa.

Saíches para verme pasar.

Nese intre, a chuvisca
rabuñoume as meixelas.

Ti pousaches nelas as mans
e sentín como un calafrío

esvaraba polo meu corpo









     Cuadro de Rosa Fernández Salanova

jueves, septiembre 17, 2009

Despois de quererte

DESPOIS DE QUERERTE


Escribo aínda
coa tenrura que deixan
as túas apertas
na miña pel húmida,
onde escorregan
os últimos pulos
do noso amor.

Eu, que afianzándome
no teu cariño
medrei coas túas miradas
en outono
-cando caen as follas
castañas dos carballos
e un brillo dourado
viste o paseo
da nosa rúa-

Eu, que soñei
coa paciencia infinita
das túas verbas,
-daquela era verán
e ti bicábasme na fronte-

E hai algo no aire,
un éxtase acougado,
un murmurio no meu ombro
que me fala de ti.

Pouso o bolígrafo e dígoche:
gústanme os bicos
antes de quererte,
e despois de quererte
o silencio



miércoles, septiembre 16, 2009

Ás veces penso en ti...


                                                               Foto sacada de Internet



Ás veces penso en ti
coa xanela aberta,
para anegar co cheiro da túa mar
os meus pulmóns.

E non atopo mais ca túa sombra,
algo do que fuches no pasado,
cando nos mirabamos coitadiñamente.

As veces penso en ti
coa xanela pechada,
para que ningún recordo
fuxa pola ventá de aluminio.

E tento ser coherente
sen buscarte ,
sen perseguir o teu corpo fraco,
sensata, cauta.

Tento fuxir da lembranza ,
da aperta que nunca me deches,

-e que adoezo por ela-


Nenez




Educárona con esmero

a carón dunha terra

fértil en froitos


Lía relatos morais

e contos a carón

da lareira


Pelo marrón

ollos redondos


Chimpaba nos prados

onde o alcacén aloumiñaba

a súas mans gordechas


Pes pequenos

voadores


Anos noviños


Ó solpor entraba na casa

rebulindo no cuarto dos pais


Colar de perlas

arredor do pescozo


E mirábase o espello

observando co seu iris castaño

o vestido curto e manchado

que deixaba nu os seus xeonllos


A noitiña unha frase

que durmas con anxos


Nacín co compás....



Nacín co compás
do vento no alcacer
co bramido das vacas
ó lonxe.
Crecín co sorriso acougado
da madriña
cos ollos azuis
do avó.
Unha mañá cedo
arrincáronme laiando
do meu fogar.
-Como un can ferido
ouveaba a miña voz-.
Quedaron nus
os chopos brancos.
Non mais xogos
na herba seca
nin coles
na horta.
Murchou o limoeiro
Esmoreceu a terra
na eira
cando me levaron
lonxe.
Nas noites de neboeira
aínda se oen bruar
as miñas lindes.



                   Foto sacada de Internet