miércoles, septiembre 16, 2009

Nacín co compás....



Nacín co compás
do vento no alcacer
co bramido das vacas
ó lonxe.
Crecín co sorriso acougado
da madriña
cos ollos azuis
do avó.
Unha mañá cedo
arrincáronme laiando
do meu fogar.
-Como un can ferido
ouveaba a miña voz-.
Quedaron nus
os chopos brancos.
Non mais xogos
na herba seca
nin coles
na horta.
Murchou o limoeiro
Esmoreceu a terra
na eira
cando me levaron
lonxe.
Nas noites de neboeira
aínda se oen bruar
as miñas lindes.



                   Foto sacada de Internet

2 comentarios:

  1. pode que fose un destino común, ese de arrincarnos das nosas raíces... claro que, ás veces, foi polo noso ben. Mais inda así, inevitablemente tendemos a pechar o círculo (polo menos eu)

    gracias por achegarte polo meu blog a darme as grazas polos "couselos"... esa foi a maneira de te descubrir, e por aquí andarei aos poucos, vendo que fas coas palabras, como as cementas, como as construes...

    unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. Grazas zeltia. Os primeiros anos da vida marcan moito. Penso que eu tamén pechei o círculo, aínda que ás veces prodúceme moita melancolía.

    O teu blog gústame, gústame a maneira que tes de narrar, eu tamén pasarei máis veces pola túa casa.
    un biquiño.

    ResponderEliminar