sábado, junio 09, 2012

Prendía o sol nas costas


                                                            Imaxe Sema Culam






Prendía o sol nas costas.
O aire abaneaba o pelo ceibo.
Camiñabas acariñando cos tes dedos a vexetación que se amontoaba  á  beira do camino.
Unha espiga, as margaridas que lucían espléndidas, as herbas meneándose, os pampillos, as abelurias,  os cucos… outra vez as margaridas.

E as mans lograban descubrir unha sensibilidade gardada no máis profundo do teu corazón.
A música soaba nos auriculares, unha música relaxante desas que tanto che gusta escoitar para desconectar a mente atropelada de ideas arremuiñadas.
Unha cerdeira abría as súas pólas ó teu paso, quizás para lembrache que podías refuxiarte no seu tronco enraizado profundamente á terra.
Colliches unha cereixa, quizás para lembrar ese gusto de entón, cando existían aínda a virxinidade dos sabores. E souboche o mesmo que no pasado.
Fois despois cando comezaron as primeiras bágoas.  O vento penetraba nos prados que chamaban  polos teus pasos e fuches canda eles nun intre de lucidez.
Toco cambiou ao redor. Xiraba o mundo, pero ti permanecías escoitando ese son maravilloso da natureza que avivaba as ansias de facerse de novo pequena, pequeniña e esgotar os folgos correndo no alcacén tan verde…
De buscar ese anaquiño detido no tempo…
De durmir cos brazos abertos…
De mirar cómo a lua enche nos ollos…
De argallar xogos novos, de volver a subirse ás árbores, de manchar as pernas co zume das herbas campeiras, de comer figos coa madriña, de escoitar os grilos no atardecer, de bañarse no río de augas calmas e frías…
De volver para capturar eses beixos mornos que empapaban as meixelas….
De volver…







domingo, junio 03, 2012

Fixéchesme unha encarga


                                                                    
Fixéchesme unha  encarga.  Poñer as miñas verbas rodeando o teu mapa de Galicia.
No centro, un trisquel celta, simbolizando a evolución e o crecemento, o equilibrio entre  o corpo,  a mente e  o espírito.

Palabras que falasen  de Galicia, a terra que levas no corazón.
E así quedaron, enleadas na túa pel, orgullosas, para sempre.





                                                                       A túa pel

Son da terra húmida, das meigas
e o mar espumoso.
Galicia susurra o meu nome.