sábado, diciembre 01, 2012

Relax, té e abrazos.



Eu non sei cómo organizar
os trazados das lousas,
cando se van derrubando ó noso paso
-polo peso ou  pola incertidume dos nosos pés cansos
que  recorren as pedras como granito gris e frío-

Suponte,
non entendo  dos ciclos da vida
nin das auroras boreais.


E na teima que ás veces teño comigo mesma
procuro ausentarme  tomando una taza de té con bergamota
 -saborear ese amargor  delicado e afrutado  mentres recorre a boca,
a garganta, ata aloxarse no estómago quentando as emocións alí pousadas-
Inspirar longo.
Exhalar limpando o corpo das malas vibracións.




As lousas volverán a recompoñer un novo camiño.
Os ciclos sucederanse porque así é como ten que ser.
As auroras boreais seguirán brillando para todos nós.

E agora, vai un abrazo?