sábado, abril 17, 2010

no meu universo...


                                                          Foto sacada de Internet



no meu universo
hai lúas grandes
e paxaros brancos

estrelas azuis
e concertos de arpa

ninguén pode entrar
sen espir o corpo

sen lavar o cerebro
de palabras

no meu universo estás ti
aínda que non te decates

estou eu abrazándote
es espirais de luz

acércate
ves como non te engano?


------------------------


en mi universo
hay lunas grandes
y pájaros blancos

estrellas azules
y conciertos de arpa

nadie puede entrar
sin desnudar el cuerpo

sin lavar el cerebro
de palabras

en mi universo estás tú
aún que no te des cuenta

estoy yo abrazándote
es espirales de luz

acércate
ves como no te engaño?


domingo, abril 11, 2010

na miña loucura...


                                                         Imaxen sacada de Internet



na miña loucura chámote
aborrecida polos trastos antigos e oxidados

non teñas medo en seguirme

atoparei unha cova
para refuxiarte
das promesas dun día
dos orgasmos inacabados

só cantarei para ti
(avelaíña ferida)
velarei ata que renazcas conmigo
nesta hora nova
lonxe da contaminación e o engano