viernes, septiembre 11, 2020

gustáballe recoller azaleas



                                                                 Imaxe sacada de web

gustáballe recoller azaleas

brancas azuis rosas

mimábaas con mesura

mentres ía esfollando as flores



despois enchía a boca con elas

e sopraba enérxicamente

deixando caer cun veo multicolor

os pétalos no aire recén perfumado



era un ilusionista


jueves, septiembre 10, 2020

na certeza

 Imaxe de "El Principito"

 

na certeza de que nada nos pertence
na búsqueda dunga lagoa
que bañe a nudez rota
atrapo o último vestixio
da túa memoria.

Mariola Hermida.