domingo, abril 22, 2012

encherse de mar e oleaxe


                                                              Imaxe de Georgia O´Keeffe




encherse de mar e oleaxe
rebozar o corpo de area
mentres o sol quenta as pálpebras
correr     correr ata esgotar a marea

un paso      
o mundo dentro dunha pisada
dous pasos
o vento movendo a pamela
de cores vermellas
como as mapoulas  

ruído incesante de ondas nas orelas
gaivotas que procuran o seu sustento
algas que se enredan nos pés coquetos
sosego    sosego  que mitiga os nevios

lixeira algarabía de mans que bailan
sorriso pintado que navega no atardecer
probar a auga salgada tímidamente 
sentindo as cóxegas que refrescan os ánimos

encher o peito de mar
mentres a pamela cae lentamente
a carón dunha buguina…



Para ti, para que un día poidas recorrer as mismas pisadas de entón, miña rula.
E senón podes, levarei o mar canda ti.
Non te rendas.