martes, agosto 02, 2011

volvíase sombra cando cantaba...

Cuadro de Odile de Schwilgue



volvíase sombra cando cantaba
e ía tocando ás portas do desexo

unha canción
e un haiku

detestaba esperar
a que él espertase
da sesta
metíase nas sabas quentes
e coas xemas debuxaba
unha verea sinuosa
no corpo durmido

e unha melodía atrapaba
a suave curvatura
das nádegas

mentres    o sol que rachaba
na estancia
facíase máis grande
e a sombra desaparecía
envolta nun xemido