domingo, diciembre 18, 2011

Decembro de dolor.

                                                        Imaxe sacada de Internet


Decembro de dolor.


Unha porta que se pecha.

A negrura máis absoluta.

Anos enquistados na alma que chora nas esquinas.

Non teño folgos para imaxinar o tremebundo dos días.

Máis choro cunha rabia desoladora.





Facía un día como hoxe, soleado, díxome con total naturalidade.

Quedei calada, non podía pensar nas raiolas daquel Decembro tan duro.

Pregúntome cómo foi capaz de sobrevivir.

Quizais, porque aquel sol de inverno foi quentando as bágoas ata que un día cesaron de brotar.