abrazarte nese tempo
acollerte baixo o mundo
roto
e bicarte nos ollos na fronte
nese espazo onde se producen
todos os desencontros
todas as ausencias
UN RECORDO, UN CINAMOMO ROSA. UNHA IMAXE, A MIÑA MADRIÑA FALÁNDOME. COIDO QUE NESE "AGORA" DA MIÑA INFANCIA COMECEI A OLLAR COMO POETA.