domingo, febrero 07, 2010

Asinme a queles anos novos...



Asinme a aqueles anos novos nos que a ledicia de ser neno ocupaba todo o universo, a aventura de contarlle contos os paxaros ou subir a unha roda de camión gastada co meu amigo da infancia, de deter o mundo nunha col, aferrándome coas mans o seu talo, de xogar na horta ollando da miña irmá; a miña irmá; ben feitiña como unha boneca, co seu peto gris e o seu pelo amarelo como unha mazorca de maínzo.


-Deter o tempo hoxe, e albiscar os meus ollos noviños-


...Coller unha col daquelas que adornaban os nosos campos e plantala no meu cerebro ata que brotasen raíces e encrespasen o meu pelo castaño.


-Deter o tempo hoxe, o tempo que non se detén-


Volver a ulir aquel sol feiteceiro quentando a auga da tina enriba da herba, onde nos bañabamos a miña irmá feitiña como unha boneca e máis eu, os días de verán.

E todo, no derradeiro día no que todo cambia.