lunes, octubre 28, 2013

Deixando ir algunhas anotacións.


                                                                 



Imaxe Duy Huyn


Do naufraxio sobrevive unha taza de  porcelana china, antiga, como a túa mirada petrificada.



Dame a man, disme cando  xa pecho a porta.


     
Envelenas o aire coa túa nostalxia; custa respirar cando estás cerca.



O silencio estaba por todas partes, na tosta de arándanos, nos labios sorbendo o té vermello,
na mirada pousada na cama baleira, no  corpo engruñado que un día  máis proseguía sen folgos.



Regresa o outono, as follas cantan espalladas no chan una sinfonía sen notas, e no renxer que me regalan ó meu paso vaise  producindo a milagre, un voo  imperceptible que volve a anclarme á terra.

.