domingo, junio 03, 2012

Fixéchesme unha encarga


                                                                    
Fixéchesme unha  encarga.  Poñer as miñas verbas rodeando o teu mapa de Galicia.
No centro, un trisquel celta, simbolizando a evolución e o crecemento, o equilibrio entre  o corpo,  a mente e  o espírito.

Palabras que falasen  de Galicia, a terra que levas no corazón.
E así quedaron, enleadas na túa pel, orgullosas, para sempre.





                                                                       A túa pel

Son da terra húmida, das meigas
e o mar espumoso.
Galicia susurra o meu nome. 




14 comentarios:

  1. Ola Mariola!!
    Que fermosura de palabras para esta nosa terra...e sobre todo a tatuaxe , polo simbolismo que ten...
    Encántame velo nesas costas tan fermosas,aínda que eu non me atrevería a iso,síntoo pola terriña pero hai cousas que non faría pola dor que me produciría.
    Pero... aínda así felicitacións por esta xente tan valente!!
    Un bico.

    ResponderEliminar
  2. Eu levo Galicia tatuada nos miolos con un trisquel que me aflora polos ollos.
    Bicos

    ResponderEliminar
  3. canta maxia e canto sentimento se encerran nas tuúas palabras.

    sinto amor, amizade, ledicia...

    biquiños,

    ResponderEliminar
  4. Bellas letras para la Bella Galicia, tengo amigos viviendo por esos lares.

    Un besito Mariola.

    ResponderEliminar
  5. Quéreselle pouco a este país, non se sinte como tal. É Galicia unha gran olvidada, descoñecida como terra propia.

    bicos...

    ResponderEliminar
  6. El canto de la Luna- Grabar na pel a terra, para non esquecela. A min tamén me gusta a tatuaxe, aínda que coincido contigo. Pero queda preciosa. E ahí quedan as miñas palabras,( non é ego é orgullo). Gustoume esta encarga.
    bicos e grazas.

    Chousa da Alcandra- Sei que o que dis é certo, porque tamén a levas gravada nas túas palabras cando escribes.
    bicos Chousa e graciñas.


    Aldabra- Grazas Aldabra. Eu tamén sentín amor e nobreza pola nosa terra. Cada vez síntome máis arraigada a ela.
    bicos.

    ResponderEliminar
  7. Adriana Alba- La tierra de uno siempre es mágica, nos hace sentir en casa. Es nuestro deber protegerla y hacer de ella un lugar hermoso donde vivir.
    Gracias por tus palabras Adriana.
    un beso.

    marcelo- Ás veces somos nós os que renegamos dela, cando deberíamos de estar ben orgullosos da nosa terra tan fermosa, verdade?
    bicos galegos.

    ResponderEliminar
  8. e esstá fresquiño o tatuaxe...!
    recien feito, inda que o amor pola terriña o levamos dende que nacemos, non si?
    Moito iso de que somos cidadáns do mundo... e é verdade, pero como dixo aquel: a nosa patria e a nosa infancia, e onde abrimos os ollos e descubrimos o mundo, ese mundo é o que xa para sempre levamos no corazón. Como ben di chousa, tatuado desa maneira tan bonita.

    Doeuche moito?

    ResponderEliminar
  9. ay, parece que túas son as palabras, non o tatuaxe!
    emocioneime tanto...! :-)

    ResponderEliminar
  10. Zeltia- Si. Fresquiño estaba. Díchete conta, eh?
    Estou contigo en que a nosa patria é a nosa infancia. A min certamente marcoume moitísimo. Todo o que son naceu naqueles anos noviños.

    A tatuaxe non é miña. Non son tan valente. Fíxoo unha rapaza máis nova e pediume un poemiña para acompañalo.
    Pero quedou ben fermoso.
    Grazas Zeltia. un bico.

    ResponderEliminar
  11. Estuve en Galicia tengo que decir que es una pasada.
    te dejo mis saludos desde Valencia.
    un abrazo.

    ResponderEliminar
  12. Ricardo Miñana- Gracias Ricardo por pasarte. Me alegro de que te gustase Galicia. Yo también opino lo mismo, pero claro, que voy a decir yo de mi tierra!
    un beso.

    ResponderEliminar
  13. (\__/)
    (='.'=)BELLO VIERNES,SABADO, DOMINGO...
    (")_(")DONDE QUIERA QUE TE ENCUENTRES...BESOS!!
    ˜*•.”*°•.”*°•.•°*”.•°* ”.•*˜˜*•.”*°•.”*°•.•°*”.

    ResponderEliminar
  14. Maribel- Gracias Maribel. Buen fin de semana.
    besos.

    ResponderEliminar