domingo, septiembre 14, 2014

Era unha principiante





Imaxe de Holly Sierra


Era unha principiante querendo captar unha raiola coándose entre os bidueiros,
unha comerciante tratando de mercar a luz espallda nunha figueira.

Era unha aprendiz absorbendo o fulgor dun sol alaranxado no milleiral,
unha bruxa capturando a lúa acaramelada dos días de setembro.

Era unha nena, unha deusa, unha fada que se escondía nas fragas debaixo dun tileiro,
unha muller mirando a través destes ollos…

18 comentarios:

  1. Así se ve a muller que nos regala estas palabras que nos levan da man directamente a ese mundo real donde habita a maxia.
    Maravilla de poema!
    bicos Mariola

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas balbi. Tes razón que tamén neste mundo real a maxia déixase ver se prestamos atención.
    un biquiño e que teñas unha boa semana.

    ResponderEliminar
  3. Pode ser muller e seguir sendo principiante, nena e aprendiz...; de bruxa ou deusa xa non digo nada ;-)

    Bicos

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Si, certamente. Do segundo penso que ben poden convivir as dúas xuntas, non?
      graciñas chousa.
      biquiños.

      Eliminar
  4. Bello y mágico!
    Me encantó.
    Un fuerte abrazo querida Mariola.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Muchas gracias Adriana.
      Que tengas un buen día.
      un beso grande.

      Eliminar
  5. Es un buen final el que le otorgas.
    Saludos
    David C.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Gracias David. Bienvenido de nuevo.
      El final vuelve a la realidad, pero la magia está en ella también, en los ojos que miran.
      un abrazo.

      Eliminar
  6. Para min que internet enguliume o meu comentario, que non tiña nada interesante dito, tamén é verdade... unicamente falaba do que relaxaba ler cousas como ver o sol no milleiral, raiolas entre as bidueiras e fadas na fraga, despois de ler no periódico a palabra GUERRA

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Despois desta palabra tan forte pouco podo dicir.
      Se fun quen de quitarche ese desasosego co poema alégrome.
      un biquiño zeltia.

      Eliminar
  7. Se é quen de ver e valorar todas esas maravillas, de principiante e aprendiz non ten nada.
    Bicos

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Non sei eu...
      Graciñas Raposo.
      un biquiño.

      Eliminar
  8. Y es que los ojos de las mujeres están llenos de luz...
    Paz
    Isaac

    ResponderEliminar
  9. Y de misterio...
    Gracias Isaac.
    un abrazo.

    ResponderEliminar
  10. aquí hai poesía,
    foi un gusto
    saúdos dende Uruguai

    ResponderEliminar
  11. Moitas grazas Omar por achegarte.
    un abrazo desde Galicia.

    ResponderEliminar
  12. Qué bello final le has dado a este texto lírico, muy sutil y personal.
    Besos y abrazos.

    ResponderEliminar
  13. Muchas gracias Luján. Un placer que pases de nuevo por aquí.
    un fuerte abrazo.

    ResponderEliminar