domingo, noviembre 09, 2014

Son pequeno, fráxil...


                                              El camino solitario- Alexander Mann




Son pequeno, fráxil,
habito na sombra
do que fun.

Son un gran de maínzo
na horta que plantei
coas miñas mans.

Traio recordos húmidos
de tempos idos;
lembro un sorriso feiticeiro,
una saia impulsada
co compás do vento.

E camiño descalzo,
sóbeme unha formiga
polos pés.

Recollo careixóns
para unha boca encarnada
de mapoula.

Pero o folgo do vento
vai esfiañando os recordos.

Agora moro na sombra
do que fun.
Ando curto de pensamentos.
Retrátanse os anos nas engurras
da fronte.
Veño de onte
para acabar en mañá.

E solapo a miña pena

nunha saudade silandeira.



jueves, octubre 23, 2014

El aire sueña conmigo




                                                  Ilustración Andrey Pongracz


El aire sueña conmigo.
Me despeina.
Navega en mis mejillas y se cuela por el lagrimal de mis ojos castaños.


Y  entro en escena  sollozando, suspirando al viento del Norte.



domingo, septiembre 14, 2014

Era unha principiante





Imaxe de Holly Sierra


Era unha principiante querendo captar unha raiola coándose entre os bidueiros,
unha comerciante tratando de mercar a luz espallda nunha figueira.

Era unha aprendiz absorbendo o fulgor dun sol alaranxado no milleiral,
unha bruxa capturando a lúa acaramelada dos días de setembro.

Era unha nena, unha deusa, unha fada que se escondía nas fragas debaixo dun tileiro,
unha muller mirando a través destes ollos…

domingo, agosto 24, 2014

Quiéreme


                                                            Cuadro- Leandro Lamas.



Quiéreme, aunque sea mentira.

Yo me imaginaré que tus manos me desean de verdad.
Que tus labios me besan con amor.
Que tus abrazos llenan mis vacíos.

Y en el camino quizás te des cuenta...



lunes, agosto 04, 2014

OLA!
O DIA 7 DE AGOSTO- XOVES- A PARTIR DAS 6 DA TARDE ESTAREI NA FEIRA DO LIBRO DA CORUÑA, NA CASETA "COUCEIRO" FIRMANDO EXEMPLARES DO MEU POEMARIO: "ZURCINCO LATEXOS".
SE ALGUÉN QUERE ACHEGARSE ESTAREI ENCANTADA.
UNHA APERTA A TOD@S

miércoles, julio 09, 2014

Había un xardín


                                                                     Imaxe manolalago


Había un xardín pequeno onde a nena xogaba,
unha luz no ceo redonda como unha laranxa,
estrelas que se coaban entre as calas,
risas que estoupaban no aire.

Había maxia nos fentos...











sábado, junio 14, 2014

5 DE XUÑO 2014








O día 5 de xuño presentei o meu poemario:"zurcindo latexos".
Estiven arroupada polo meu profesor do obradoiro, o poeta Eduardo Estévez e o meu editor José Luis Salamanca.  E pola familia, amigos, compañeiros...

Simplemente quería compartilo con todos vosoutros.
Grazas por estar ahí,  por ser os meus amigos das letras, porque estamos conectados por algo tan marabilloso como é a escrita.

un biquiño a tod@s.






sábado, abril 26, 2014

gústaballe recoller azaleas

                                                                  Imaxe Duy Huynh


gustáballe recoller azaleas
blancas   azuis   rosas
mimábaas con mesura
mentres ía esfollando as flores


despois enchía a boca  con elas
e sopraba enérxicamente
deixando caer cun veo multicolor
os pétalos no aire recén perfumado


era un ilusionista



sábado, marzo 29, 2014

Entró como un huracán

                                                      Cuadro- Victoria Ruiz de Cortázar


Entró como un  huracán.
De lleno.
Gritando a pleno pulmón.

Fue demasiado sencillo colarse
entre mis pestañas,
caer enmarañada de sus versos. 


Pero sólo era un  breve suspiro entre las palabras,
un viento de otras tierras.





sábado, marzo 01, 2014

hay moito tempo que o tempo existe

                                                     Relojes blandos- Salvador Dalí.



hai  moito tempo que o tempo existe
e non hai mais tempo que o que é
o tempo que se desfai
como as follas dunha margarida
nas nosas mans
o tempo que  nos engana
o tempo maino
o tempo do revés
o tempo cruel
o tempo en que ti existías
para min
o tempo que rouba os corpos
os sorrisos
o tempo fráxil como una corda no precipicio
o tempo sereno como as enrugas na túa fronte
non hai mais tempo que o que é
non sufras miña rula
que o tempo volverá a traer as flores da primavera
os recordos máis vívidos no teu andar
e todo é un  suspiro
o tempo é una ilusión

non sufras, miña rula