miércoles, mayo 23, 2012

23 DE MAYO



                                                         margaridas na primavera



23  DE Mayo

Marcaba o reloxo as oito,
da mañá,
dun día soleado.
Abríanse as margaridas á fresca
e un choro vigoroso
inundaba as paredes da casa
da madriña.

Pel rosada.
Mans pequenas.
Ollos  pechados.



O meu choro vigoroso.



Espreguicei o corpo.


Bicáronme.
Cantaron unha nana,
enfeitizada,
rodeáronme con brazos
e mans e palabras suaves
que me facían cóxegas,
nas meixelas.
Derramaron amor
nos meus  oídos recén estreados.
Sentinme feliz.

Así foi como nacín á vida.



17 comentarios:

  1. Un día ben fermoso para chegar a vida...por iso se estás de aniversario un biquiño nesas meixelas de pel rosada facéndoche cóxegas para que rías por moito tempo...
    Unha aperta e que sexas moi feliz.

    ResponderEliminar
  2. Mariola Felicitaciones!!! y tus letras son realmente hermosas,Buen jueves. Un abrazo

    ResponderEliminar
  3. Seguro que as mans pequeniñas medraron o suficiente como para repartir aquelas cóxegas que un día che deron...

    Feliz cumpleanos, Marioliña!!!!

    ResponderEliminar
  4. Nacer en primavera. Sempre escoitei que nacer con esa data é bo. Un pode medrar cos calores do verán, espertar en tantos días bos, é como chegar o mundo co pé dereito, coa luz do sol para alumear a pel.

    bicos.

    ResponderEliminar
  5. un mes fermoso para nacer, moitísimas felicidades.

    supoño que todo ese amor que che diron recén chegada á vida, nótase despois, por eso és capaz de derrochar tanto amor nas túas palabras, tanta sensibilidade.

    biquiños,
    e que cumpras moitos mais.

    ResponderEliminar
  6. Parabéns polo teu cumple, Mariola!
    Un mes lindo para nacer, canda as flores, canda a vida toda que se abre á caloriña...
    As túas palabras tan ben compostas emocionaronme:
    quen de recoller de novo esas caricias...!

    ResponderEliminar
  7. Parabéns, polo cumple e polos versos!!

    ResponderEliminar
  8. El canto de la luna- Moitas grazas. O Cumpleanos sempre me alegra, porque é un novo ano que estamos nesta vida disfrutando de todo o que nos brinda. bicos.

    Rosa- Muchas gracias Rosa. Quería compartir con todos vosotros mi sentimiento.
    un abrazo.

    Chousa- As mans pouco máis medraron, pero si son capaces de repartir caricias, bicos, de danzar no aire, de expresar ledicia, de amar, de facer cóxegas e rir.
    Grazas chousiña.

    ResponderEliminar
  9. marcelo- Grazas polas túas palabras tan fermosas.
    Medrar na primavera, coas calores do verán como dis, quentando a pel co sol nos días azuis, iluminando as raioliñas os meus ollos recén abertos .
    biquiños marcelo.

    Aldabra- Grazas Aldabra. Eu creo tamén que se che dan amor ti eres capaz de repartilo. Pero coido que sempre recibo máis do que eu dou. Por iso sempre estarei agradecida.
    biquiños.

    Zeltia- Moitas grazas Zeltia. As caricias que nos deron están sempre gardadiñas no noso corazón. Só fai falta pechar os ollos para recibilas de novo.
    bicos.

    Raposo- Grazas Raposo. Un cumpleanos cheo de tamén de novas persoas que se achegan á miña vida para felicitarme. E iso se agradece de verdade.
    bicos.

    ResponderEliminar
  10. Nacimiento y primavera, excelente conjunción, coronado por margaritas como soles en el firmamento de tus versos.

    Un abrazo inmenso Mariola y felicitaciones amiga.

    ResponderEliminar
  11. Me ha gustado, sobre todo el último párrafo.

    ResponderEliminar
  12. Toda la belleza de las margaritas enmarcadas en tus versos,un abrazo.J.R.

    ResponderEliminar
  13. Adriana Alba- Muchas gracias Adriana por tus palabras tan hermosas que me han emocionado.
    un abrazo grande.

    David- Gracias David de corazón.
    un abrazo.

    Jose Ramon Santana Vazquez- Gracias Jose Ramon. Las margaritas son unas flores sencillas, pero en la sencillez está toda la belleza.
    un abrazo.

    ResponderEliminar
  14. Adriana Alba- Muchas gracias Adriana por tus palabras tan hermosas que me han emocionado.
    un abrazo grande.

    David- Gracias David de corazón.
    un abrazo.

    Jose Ramon Santana Vazquez- Gracias Jose Ramon. Las margaritas son unas flores sencillas, pero en la sencillez está toda la belleza.
    un abrazo.

    ResponderEliminar
  15. Felicidades por tus escritos. Saludos desde Conil ( cadiz). ve mi blog

    ResponderEliminar
  16. Jesús- Gracias Jesús. Visitaré tu blog.
    un abrazo.

    ResponderEliminar
  17. Jesús- Gracias Jesús. Visitaré tu blog.
    un abrazo.

    ResponderEliminar