domingo, noviembre 06, 2011

bailaba o pelo no vento maino...

                                                  Imagen de Lori Earley





bailaba o pelo no vento maino

o compás dun ventilador

que atrapaba os xemidos...



quimera era espallar

un concerto de latexos

o longo do corpo

pechar a habitación

cun feixe de melodías

e espir o outono

cunha clave de sol



fantasía era danzar

c compás do baile

cun abanico chinés

enroscar o devezo

como unha serpe

ascendendo polos pés

e cos ollos entornados

observar a milagre

da paixón

mentres a miña melena

íase enredando nos teus

dedos...

16 comentarios:

  1. Me gusta ese volar del pelo al aire...

    Besos desde el aire

    ResponderEliminar
  2. Bom dia!

    Belos versos. Uma sensual dança abraçando a vida.

    Um grande abraço e uma boa semana.

    ResponderEliminar
  3. E o pelo acaba por danzar tamén nesa melodía de paixón, rizándose de ledicias...

    Bicos

    ResponderEliminar
  4. Que delicadeza de poema, que suavidad...pura seda!

    Un abrazo grande!

    ResponderEliminar
  5. gústame a imaxe do desexo enroscándose coma unha serpe...

    ResponderEliminar
  6. eres unha meiga das palabras, só ti sabes crear así un ambiente delicado e sensual, é incríble.

    biquiños
    Aldabra

    p.d.: olvidouseche deixar os espazos finais ;-)

    ResponderEliminar
  7. É un pracer chegar a este espazo tan fermoso...
    Agrádame dobremente atoparme cun escrito en galego.
    Fermosa poesía onde aprendo máis a miña lingua.
    Dende "O Canto da Lúa"¡Foi un pracer chegar ata aquí!
    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  8. hum, esa melena empapada enredándose en el pecho, qué dulzura
    saludos blogueros

    ResponderEliminar
  9. Hola mi estimado, disculpe el hecho de escribirle por medio de un comentario en su blog http://cinamomorosa-mariola.blogspot.com/ , pero deseo saber si se encontraría dispuesto a realizar un intercambio de publicidad con mis sitios webs.
    Si esto fuera de su interés me encontraré atentamente disponible en este correo melannieagurto@gmail.com

    Muchas gracias , por su atención prestada.
    Cordiales saludos de
    M. Itziar

    ResponderEliminar
  10. Rosa- grazas por ese voar que atopas.
    un abrazo.

    Antonio- grazas e outro abrazo para ti.

    David- alégrome de que che gostase.
    unha aperta.

    Chousa- grazas, gústame ese rizar de ledicias que dis.
    un bico.

    Adriana- moitas grazas Adriana por ver esa delicadeza.
    un bico.

    Zeltia- grazas polo teu comentario. A min tamén me gusta esa imaxen.
    un bico.

    Aldabra- "meiga das palabras"- qué fermoso.
    moitísimas grazas.
    un biquiño.

    O canto da lúa- grazas por achegarte e por compartir a nosa lingua.
    un abrazo.

    José Antonio- grazas por empaparte dos meus versos.
    un abrazo.

    M. Itziar- grazas Itziar, de momento non pensei nestes intercambios, non sei se máis adiante.
    un saúdo.

    ResponderEliminar
  11. Es tan, tan delicado...Mariola. Tus protagonistas son tan evocadoras...Una delicia.

    Besote guapa!

    ResponderEliminar
  12. Tonet- moitas grazas, Tonet. Outro beso para ti.

    ResponderEliminar
  13. Muy bellos tus versos,con esa cadencia dulce ...un plcer visitar tu casa ,un abrazo.J.R.

    ResponderEliminar
  14. Jose Ramon- Moitas grazas. Sempre son benvidas as túas palabras.
    un abrazo.

    ResponderEliminar
  15. María Alice- Moitas grazas polas túas palabras. Cuidate moito.
    un abrazo.

    ResponderEliminar