UN RECORDO, UN CINAMOMO ROSA. UNHA IMAXE, A MIÑA MADRIÑA FALÁNDOME. COIDO QUE NESE "AGORA" DA MIÑA INFANCIA COMECEI A OLLAR COMO POETA.
lunes, octubre 31, 2011
escollía as castañas unha a unha con esmero...
escollía as castañas unha a unha con esmero
con esmero pelábaas unha a unha
ó son da súa musiquiña
tranquilo concentrado
con esmero poñíaas a cocer
botando de vez en cando unha ollada
á pota que fervía
mentres no outro lado do corredor
eu podía ulir o cheiro tan fino
que se ía propagando pola casa
e con esa musiquiña
que só él sabía cantaruxar
enchíaseme o peito de ledicia
un ano
e outro
e outro ano...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
E que gusto poder contemplar ese ritual, que ás veces semella común, e que as veces ata transcorre sen darnos conta...pero paráchete a miralo, xa no no esquecerás.Temos que pararnos a contemplar
ResponderEliminartempo de castañas e de recordos.
ResponderEliminarbiquños,
Aldabra
Ai, as castañas, cocidas, asadas, que boas están!
ResponderEliminarAs castañas hai que escollelas sempre ben, pero sobre todo este ano. E que desta volta as podres saban moiiiii mal :-)
ResponderEliminarBicos concentrados e amodiño
Manola- As cousas cotidiás son as que dan salsa á vida, son os que nos poñen tamén os pés na terra. Gusto contemplar destes momentos que me enchen o corazón.
ResponderEliminarun bico.
Aldabra- Tempo de recordos que non esqueceremos grazas a estes momentos.
un biquiño.
Raposo- Á verdade é que están ben boas , de calquera xeito. Grazas.
un abrazo.
Chousa- Eu collinas de Ourense e aínda me saíron bastante ben.
un bico.
Ben... como aquí trátase de castañas, eu dicir que tamén comparto ese ritual de cocelas e comelas...como tamén é todo un pracer atopar tantos blogs en galego.
ResponderEliminarDende "Terra Meiga" (o meu blog de fotografías sinxelas) "O Canto da Lúa " (O meu blog que comezo a escribir en galego),e tamén "El Canto de la Luna"(un espazo escrito en castelán).
Dende todos os meus espazos mando un saúdo.
Nunca he escogido una castaña, me da curiosidad. Lo que si se es que son buenas para la salud.
ResponderEliminarEl canto de la la luna- Grazas por pasar polo blog, irei pasando tamén polos teus. un biquiño.
ResponderEliminarDavid- Pues venga, manos a la obra, escoge, cuécelas y luego cómelas ya verás qué ricas y dulces están. un abrazo.