sábado, abril 23, 2011

só un instante

só un instante
antes de proseguir

só un instante mimado
consentido entre os dedos

só un instante pequeno
submiso entre caricias

só un instante rebelde
a carón da cama de auga

só un instante perfecto
onde adorno o devezo
con labios de grosella 


4 comentarios:

  1. Nunca os mimos tiveron mellor cama, nin as caricias mellor instante que uns beizos de grosella. Calquera non deveze por eles!!!

    Bicos colorados

    ResponderEliminar
  2. Chousa, un só instante, onde valoramos , sentimos, acariñamos...
    un bico.

    ResponderEliminar
  3. un poema tan preciso como ese momento que contas.
    o dos labios de grosella é perfecto, en serio.
    biquiños,

    ResponderEliminar
  4. Aldabra, grazas. Un só momento que nos da para sentir de verdade.
    bicos.

    ResponderEliminar