só un instante
antes de proseguir
só un instante mimado
consentido entre os dedos
só un instante pequeno
submiso entre caricias
só un instante rebelde
a carón da cama de auga
só un instante perfecto
onde adorno o devezo
con labios de grosella
UN RECORDO,UN CINAMOMO ROSA. UNHA IMAXE,A MIÑA MADRIÑA FALÁNDOME. COIDO QUE NESE "AGORA" DA MIÑA INFANCIA COMECEI A OLLAR COMO POETA.

Nunca os mimos tiveron mellor cama, nin as caricias mellor instante que uns beizos de grosella. Calquera non deveze por eles!!!
ResponderSuprimirBicos colorados
Chousa, un só instante, onde valoramos , sentimos, acariñamos...
ResponderSuprimirun bico.
un poema tan preciso como ese momento que contas.
ResponderSuprimiro dos labios de grosella é perfecto, en serio.
biquiños,
Aldabra, grazas. Un só momento que nos da para sentir de verdade.
ResponderSuprimirbicos.