miércoles, noviembre 21, 2012

Recolle estrelas.



                                                         Imaxe de Alastair Magnaldo




Ir cara atrás, no tempo dos xogos.

Mirarse no espello dunha mirada pura.

Rir ata ter maniotas.

Contar contos mentres a lúa enche o ceo.

Mecer os soños  nunha góndola dourada.


E recuperar de novo aquel recolle estrelas
que un día inventei para ti.


 

viernes, noviembre 16, 2012

agradecemento




es de bien nacido ser agradecido


es de bien nacido ser agradecido
Helena Villar Janeiro otorgoulle o premio  a Anabel Bugarín Villar, que ten un blog que se chama Tareas de la cotidianidad. Aceptar este premio leva a obriga de buscar cinco blogs a quen darllo. Un deles foi o meu. Agora tócame a min espallar o meme. Escollín blogs entre os que me deixaron recientemente comentarios animosos, blogs que fosen de poesía  [non debe ser doado manter un blog de poesía cando non se é Farruco Sesto Novás].
O Paraíso, que non é só un lugar.
Delicias turcas, inda que eu a penas as probei, porque atopei hai pouco o carreiro que iniciou no 2011.
O mundo de Magdalena Malungo,  que quere ser un mundo grande, grande.
Cinamomorosa, que xa vai levedando dende o 2009.
e non podía faltar El cuaderno de poemas de Rubén Lapuente Berriatúa, Economista e poeta, que é veciño meu na blogosfera dende o 2008.


Moitas grazas, zeltia. 

martes, noviembre 06, 2012

Un pobo, unha identidade.





                                            Un día de Outono, fotografando o mar das Perlas

                   


  PERLA DO RIO

E un día volvín a ti sen saber cómo
atropelando palabras e susurros,
xogando na orela dun amencer,
capturando a fina brétema do día.

Hoxe canto para que ti me escoites
a través dos sauces onde se libera
o salaio das almas extraviadas,
arroupando a nova luz dunha espera.

Navegando unha noite enteira
a favor do vento o meu cabelo
íame susurrando un desvelo
que un día foi o meu sustento.

Canto á beira do río que lava as bágoas
e desguedella os fíos dos pensamentos,
canto coa calma do teu mar que regresa
azul e prateado a carón do meu leito.

E xa te boto de menos cando o ocaso
suspira por mín na copa dos pinos,
cando as buguinas enfeitizan os soños
e nos prados alumean os corazóns
cheos de diminutas perlas do río.


Navegando unha noite enteira
a favor do vento o meu cabelo
íame susurrando un desvelo
que un día foi o meu sustento.


 


miércoles, octubre 24, 2012

Haikus sen medida clásica






                                                               Imaxe manolalago





Pendurada dun aloumiño
florece a primavera.
É hora da maxia.


Penisca no outeiro.
Nas ramas dos pinos
un paxaro canta.


Lúa chea.
Danza de estrelas
no claro dos ollos.


Mentres orballa nos campos,
raiolas de luz
entre as nubes.



miércoles, octubre 10, 2012

Foi naquel día morriñento...

                                                              Imaxe sacada da web





Foi naquel día morriñento onde a chuvia miúda coábase entre as nubes grisallas.
Seducías a fala cun sorriso, mailos teus ollos proclamaban unha tristura encarcerada.
Nun anaco de tempo que cabalgaba pausado.
Fregabas as mans unha coa outra espiando o ceo que agora principiaba a peniscar.
Lixeiro de equipaxe.

Ollabas a través da ventá.
O mar estaba calmo.
O estaleiro adornaba a paisaxe outonal coas súas grúas enormes como robots.
E a mirada ausente voaba coas ás das gaivotas que se pousaban lentamente no balcón mollado.
Os ollos entornados.
Lixeiro de equipaxe.

Nos miolos, un enxame de coitelos afiaban un son maldito.