martes, noviembre 06, 2012

Un pobo, unha identidade.





                                            Un día de Outono, fotografando o mar das Perlas

                   


  PERLA DO RIO

E un día volvín a ti sen saber cómo
atropelando palabras e susurros,
xogando na orela dun amencer,
capturando a fina brétema do día.

Hoxe canto para que ti me escoites
a través dos sauces onde se libera
o salaio das almas extraviadas,
arroupando a nova luz dunha espera.

Navegando unha noite enteira
a favor do vento o meu cabelo
íame susurrando un desvelo
que un día foi o meu sustento.

Canto á beira do río que lava as bágoas
e desguedella os fíos dos pensamentos,
canto coa calma do teu mar que regresa
azul e prateado a carón do meu leito.

E xa te boto de menos cando o ocaso
suspira por mín na copa dos pinos,
cando as buguinas enfeitizan os soños
e nos prados alumean os corazóns
cheos de diminutas perlas do río.


Navegando unha noite enteira
a favor do vento o meu cabelo
íame susurrando un desvelo
que un día foi o meu sustento.


 


17 comentarios:

  1. Magnífica cadencia para unha idea identitaria do pobo dos mil ríos. Seguro que os cabelos a favor do vento acabarán peiteadiños igual que a mirada...
    Bicos
    (O flautista de Vigo é un virtuoso dese instrumento. Outra excelente elección a túa)

    ResponderEliminar
  2. Una verdadera perla tu poema, sutil y fresco como la brisa del mar.
    La fotografìa es preciosa.
    Un fuerte abrazo querida Mariola.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Chousa- E qué gusto encherse con todo o noso mar, coas nosas rías, paseando o seu carón e descansando a mirada nas augas calmas.
      graciñas chousa.
      bicos mil.

      Eliminar
    2. Adriana Alba- Gracias Adriana. Un poema que hice hace algún tiempo para mi pueblo, Perlío. Se dice que se encontraron hace ya muchos años perlas en la Ría, de ahí su nombre.
      La fotografía es cerca de mi casa. Pasear cerca del mar me encanta.
      un fuerte abrazo.

      Eliminar
  3. Hola Mariola, buen día,
    hermoso poema,
    al leerte sentí el viento soplar mi rostro,
    has creado una maravillosa postal con música y palabras.
    Te deseo un bonito dia
    un cálido abrazo

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ariel- Muy amable de tu parte, Ariel.
      Me alegro de que te haya hecho sentir.
      buen fin de semana.
      un abraciño.

      Eliminar
  4. HOLA MARIOLA
    PRECIOSO POEMA LLENO DE IMAGENES VISUALES QUE NOS TRANSPORTAN A MUNDOS PARADISÍACOS.
    UN BESO AMIGA Y GRACIAS POR PASAR A VISITARME.
    CARIÑOS

    ResponderEliminar
  5. quen puidera capturar a fina brétema do día...
    (es tí a da foto?)

    ResponderEliminar
  6. Luján Fraix- Gracias Luján a ti por pasarte por mi espacio y por compartir.
    un abrazo grande.

    Zeltia- Observando simplemente, sentindo o momento pódense capturar a esencia da vida, deixándose levar...
    Si, a da foto son eu, capturando un momento inesquecibel.
    graciñas zeltia.
    un biquiño.

    ResponderEliminar
  7. Eu vexo as Nereidas, os ollos daquela margaritiferas que na noite confundían mirada de quen observaba o leito do río, Vexo a Rosalía e algo escuro que as fermosas letras grandan esa sínfonía. O río que peta contra o mar despois de limpar a alma de quen escribe. A soidade.

    un abrazo.

    ResponderEliminar
  8. marcelo- Eu vexo poesía nas túas verbas. Gústame que o visualizaras dese xeito(coas Nereidas e as margaritiferas) e encántame iso que dis do río que peta contra o mar despois de limpar a alma de quen escribe. Peta contra o mar mentres vai diluindo todo atisbo de tristura...
    grazas marcelo.
    un bico.

    ResponderEliminar
  9. Soy María.Un poema muy bonito. Las aguas gallegas están llenas de ninfas y recuerdos que hacen que siempre queramos regresar a ellas y las recordemos de forma especial aúnque estemos muy lejos.Muchos besos

    ResponderEliminar
  10. María- Gracias María. Gracias por seguir por aquí.
    Nuestro mar, nuestros ríos son una riqueza maravillosa.
    Un abraciño, María.

    ResponderEliminar
  11. "E xa te boto de menos cando o ocaso
    suspira por mín na copa dos pinos,
    cando as buguinas enfeitizan os soños
    e nos prados alumean os corazóns
    cheos de diminutas perlas do río."

    o momento álxido do poema... os versos que mais me gustan... préceme perfecto.

    non me pareces ti a da foto.

    biquiños,

    ResponderEliminar
  12. Aldabra- Graciñas Aldabra. Un poemiña que hai tempo fixen ó meu pobo.
    Pois son eu a da foto. E que cortei o pelo, xa non hai melena, je je.
    bicos.

    ResponderEliminar
  13. HOLA QUERIDA AMIGA.
    UNA VEZ MÁS AGRADEZCO TU PASO POR MI CASA Y TE DEJO MI HUELLA DEL DIA DE HOY CON TODO MI CARIÑO, QUE TENGAS BONITO FIN DE SEMANA.
    CARIÑOS Y BESOS

    ResponderEliminar
  14. Luján Fraix- Gracias a ti por visitarme.
    un abrazo grande para ti.
    Que tengas un buen día.

    ResponderEliminar