sábado, octubre 03, 2009

colliches a miña man

Colliches a miña man.
Non me preguntaches nada.

Case amencía no meu corpo.

Onte, sen querer evitalo
abandoneime á túa presenza
enchida de tenrura.

Rocei o teu cabelo perfumado
e un intenso olor a violetas
volatilizouse no meu nariz.

Impregnou as miñas cordas vocais
e non puiden articular palabra.

Naquel intre, onde a conxugación
do verbo desexar agochábase
no iris dos meus ollos
notei un extraño paréntese.

Non dixemos nada,
pero a mín tremíanme as entrañas,
e a ti descubriate o silencio.


viernes, octubre 02, 2009

domingo, septiembre 27, 2009

Desde entonces no he dejado ni por un instante...

Desde entonces no he dejado ni por un instante de pensar en ella,
en su cuello esbelto, en la tirantez de su pelo recogido en una coleta produciendo un efecto de aire oriental a su cara.

No podía dormir, ni comer. El trabajo me desagradaba hasta tal extremo que decidí no volver por la oficina en un tiempo.
Soñaba despierto con sus ojos verdes, con el aleteo de su mirada haciéndome cosquillas en mis pensamientos.
No dormía, por la noche, con la luz tenue de una lámpara, veía películas orientales hasta la saciedad, películas de geishas ataviadas con sus kimonos coloridos.
Me perdía entre sus maquillajes de maiko, sus labios rojos y sus peinados decorados con peines y horquillas.
En todas ellas veía aquella figura de mujer sensual y seductora que encontré un día de lluvia en el parque “Las tres delicias”.
No sabía su nombre, ni si sus pies eran tan pequeños como las de aquellas artistas japonesas; pero sí sabía que su perfume olía a sándalo.

Recorrí los parques en busca de aquella mujer enigmática que embriagaba mis sentidos.
Fue en vano, aquel olor espiritual y afrodisíaco ponía en evidencia mi masculinidad.
Me sentía excitado a todas horas, a todas horas mordiéndome los labios de deseo, sentado en el sofá, imaginándome que la tenía entre mis rodillas, sentada, besándome suavemente el lóbulo de la oreja. Y era fantástico, porque por un instante recorría con mis dedos su cuello, la forma redondeada de sus pechos, la curvatura de sus caderas. Mi cuerpo se estremecía y comenzaba a despertar de su letargo.

Cambié de ciudad, ya no me atraían las mismas calles llenas de naranjos ahora en flor, porque ella se había volatilizado.
Sí, me fui un día de lluvia, un día de lluvia torrencial que hizo que me parase ante un escaparate para ver pasar todas y cada una de aquellas gotas de agua y guarecerme al mismo tiempo de su poder húmedo.

Alguien me tocó en el hombro.
Sabe que hora es ? -me preguntó.
Me giré.
La vi. Era ella, envuelta en un halo de incienso y endemoniadamente hermosa.
No pude articular palabra Ella esperaba mi contestación, pero yo ya estaba perdido en sus ojos.
Me sonrió, yo insinué también una sonrisa.
Allí, parados, en medio de la lluvia.

martes, septiembre 22, 2009

Poida que non saibas...


 Foto sacada de Internet





Poida que non saibas

do que estou a falar.


Non importa.


Limítate a emocionarte.

Pecha os ollos.
Mergúllate no teu corazón.

Escoita as ondas como rachan
facendo fendas na area.

Mira o vó das gaivotas,
elévate coas sus ás.

Sinte como o aire
despeina o teu cabelo
peiteado.

Déixate acariñar pola ledicia de ser.

Esquece as palabras.
Sinte, sinte, sinte.

Contempla as estrelas .
Mira o espazo aberto,
todo está en orden,
ti estás en equilibrio.

Non fagas nada.
Déixate estar

Agora.


sábado, septiembre 19, 2009

Onte, ó amencer...


Eliminar formato de la selección

Onte,ó amencer
o resío cubría
as tellas laranxas
da túa casa.

Saíches para verme pasar.

Nese intre, a chuvisca
rabuñoume as meixelas.

Ti pousaches nelas as mans
e sentín como un calafrío

esvaraba polo meu corpo









     Cuadro de Rosa Fernández Salanova

jueves, septiembre 17, 2009

Despois de quererte

DESPOIS DE QUERERTE


Escribo aínda
coa tenrura que deixan
as túas apertas
na miña pel húmida,
onde escorregan
os últimos pulos
do noso amor.

Eu, que afianzándome
no teu cariño
medrei coas túas miradas
en outono
-cando caen as follas
castañas dos carballos
e un brillo dourado
viste o paseo
da nosa rúa-

Eu, que soñei
coa paciencia infinita
das túas verbas,
-daquela era verán
e ti bicábasme na fronte-

E hai algo no aire,
un éxtase acougado,
un murmurio no meu ombro
que me fala de ti.

Pouso o bolígrafo e dígoche:
gústanme os bicos
antes de quererte,
e despois de quererte
o silencio



miércoles, septiembre 16, 2009

Ás veces penso en ti...


                                                               Foto sacada de Internet



Ás veces penso en ti
coa xanela aberta,
para anegar co cheiro da túa mar
os meus pulmóns.

E non atopo mais ca túa sombra,
algo do que fuches no pasado,
cando nos mirabamos coitadiñamente.

As veces penso en ti
coa xanela pechada,
para que ningún recordo
fuxa pola ventá de aluminio.

E tento ser coherente
sen buscarte ,
sen perseguir o teu corpo fraco,
sensata, cauta.

Tento fuxir da lembranza ,
da aperta que nunca me deches,

-e que adoezo por ela-


Nenez




Educárona con esmero

a carón dunha terra

fértil en froitos


Lía relatos morais

e contos a carón

da lareira


Pelo marrón

ollos redondos


Chimpaba nos prados

onde o alcacén aloumiñaba

a súas mans gordechas


Pes pequenos

voadores


Anos noviños


Ó solpor entraba na casa

rebulindo no cuarto dos pais


Colar de perlas

arredor do pescozo


E mirábase o espello

observando co seu iris castaño

o vestido curto e manchado

que deixaba nu os seus xeonllos


A noitiña unha frase

que durmas con anxos


Nacín co compás....



Nacín co compás
do vento no alcacer
co bramido das vacas
ó lonxe.
Crecín co sorriso acougado
da madriña
cos ollos azuis
do avó.
Unha mañá cedo
arrincáronme laiando
do meu fogar.
-Como un can ferido
ouveaba a miña voz-.
Quedaron nus
os chopos brancos.
Non mais xogos
na herba seca
nin coles
na horta.
Murchou o limoeiro
Esmoreceu a terra
na eira
cando me levaron
lonxe.
Nas noites de neboeira
aínda se oen bruar
as miñas lindes.



                   Foto sacada de Internet