sábado, enero 28, 2012

Quiero volar- dijo con un hilo de voz.


                                        Imagen sacada de la web


Quiero volar- dijo con un hilo de voz.
Quiero comprar unas alas para poder volar.

Dejé que pasara  un tiempo  hasta encontrar unas alas a su medida.
Dejé pasar demasiado tiempo.

Cuando se las probó, su cuerpo había encogido tanto que el peso le hizo retroceder.
Y cayó en el abismo.






domingo, enero 22, 2012

Lavei o corpo con auga de rosas





                                                                        Imaxe de klimt


Lavei o corpo con auga de rosas.
Sequeino coidadosamente, as costas , os brazos, os peitos xenerosos, as  cadeiras…

Mirei con ollos de devezo  a  imaxe  no espello barroco, onde a imaxinación facíame un chisco no medio das líñas decorativas.
Entornei os ollos…

Fun a raiña nese  intre.  Logo, as mans bailaron un tango frenético baixo a luz tenue da lámpada. 



viernes, enero 13, 2012

labrar la pena en una taza de porcelana

                       
Bordando la luna- Pilar Salas




labrar la pena en una taza de porcelana


mientras el mundo gira en la cabeza

a golpe de castañuelas



labrar la pena en una habitación de castaño

mientras se escuchan los sueños dormidos

en sábanas de franela



labrar la pena

cuando el sauce crece

en el invierno



labrar la pena

cuando el pájaro canta

arrullando el silencio



y en la noche más oscura

labrar la pena

bordando la luna



jueves, diciembre 29, 2011

Quero volver. Non importa a pena que me poñas.


                                                                Imaxe de  Dennis Ziliotto




Quero volver. Non importa a pena que me poñas.


Regresar a ese aire famento de ilusións.

Construir columnas con buguinas e cunchas.

Adornar entradas con fentos e calas.

Debuxar teitos con arcos da vella.



Quero volver, nadar espida saltando nas ondas da miña inconsciencia.

Secarme ó sol .

Viaxar ó longo do teu corpo saboreando a picardía nos teus ollos.



Capturar o eco do sorriso.

Contemplar volvoretas.

Brincar entre bidueiros.

Abrazar.



Tornar coas mans cheas para darlle una volta de esperanza ó ano que empeza!







domingo, diciembre 18, 2011

Decembro de dolor.

                                                        Imaxe sacada de Internet


Decembro de dolor.


Unha porta que se pecha.

A negrura máis absoluta.

Anos enquistados na alma que chora nas esquinas.

Non teño folgos para imaxinar o tremebundo dos días.

Máis choro cunha rabia desoladora.





Facía un día como hoxe, soleado, díxome con total naturalidade.

Quedei calada, non podía pensar nas raiolas daquel Decembro tan duro.

Pregúntome cómo foi capaz de sobrevivir.

Quizais, porque aquel sol de inverno foi quentando as bágoas ata que un día cesaron de brotar.






martes, diciembre 06, 2011

Te estaba esperando bajo la lluvia de mis pensamientos...






Imagen de Daria Endresen


Te estaba esperando bajo la lluvia de mis pensamientos.

Bloqueaban la razón y enigmáticamente te proclamaban mi dueño.

Y comenzé desarmando mi cintura para dar cabida a tus abrazos.

Abrí mis labios para que tus besos inundaran mi boca.

Desnudé mi cuerpo para que tu calor dominara en mi piel morena.

Dejé que tus manos hicieran el trabajo de mi fantasía.

Lentamente …

No opuse resistencia.


lunes, noviembre 28, 2011

A espera permanecía oculta tras as nubes encarnadas...





                                                           Imagen de Marianela Gallardo



A espera permanecía oculta tras as nubes encarnadas que un sol orgulloso tinxía no ocaso.

As contras entreabertas invitaban a viaxar por un ceo que axiña faríamos noso.

A lentitude viaxaba enriba dos peitos con cautela.

O silencio rodeaba os corpos e una calma diáfana navegaba na atmosfera

Conquístame- foi a única palabra pronunciable .

E eu,  enroscada no teu ventre trémulo, fun  proclamando un vals de arela.



jueves, noviembre 17, 2011

escorrentar os medos...




                                                                 Foto  Manolago






escorrentar os medos


no medio do bambú



botar a clarear as bágoas

logo de lavalas no lavadoiro



e co sol que aínda sobra

quentar o pescozo

somerxendo as mans

no río que non se detén






domingo, noviembre 06, 2011

bailaba o pelo no vento maino...

                                                  Imagen de Lori Earley





bailaba o pelo no vento maino

o compás dun ventilador

que atrapaba os xemidos...



quimera era espallar

un concerto de latexos

o longo do corpo

pechar a habitación

cun feixe de melodías

e espir o outono

cunha clave de sol



fantasía era danzar

c compás do baile

cun abanico chinés

enroscar o devezo

como unha serpe

ascendendo polos pés

e cos ollos entornados

observar a milagre

da paixón

mentres a miña melena

íase enredando nos teus

dedos...

lunes, octubre 31, 2011

escollía as castañas unha a unha con esmero...



escollía as castañas unha a unha con esmero
con esmero pelábaas unha a unha
ó son da súa musiquiña
tranquilo   concentrado

con esmero poñíaas a cocer
botando de vez en cando unha ollada
á pota que fervía

mentres   no outro lado do corredor
eu podía ulir o cheiro tan fino
que se ía propagando pola casa

e con esa musiquiña
que só él sabía cantaruxar
enchíaseme o peito de ledicia
un ano
e outro
e outro ano...