viernes, enero 15, 2021

NADAL 2020

 



dos que se van

fica

o sorriso inesquecíbel

a loita

pola vida

nun último intento

de compoñer

os anacos quebrados

a forza desmesurada

dunha vontade férrea

os espazos

onde xuntar

os días dispersos

nun océano de pregarias

dos que se van

fica

a forza

o momento esperanzador

prendido nunha lámpada

de aladino

unha felicitación

escrita coa palabra prudencia

e unha oración

para non esquecer nunca

que en nós

está a cura.


No hay comentarios:

Publicar un comentario