jueves, noviembre 01, 2018

buscar as flores máis axeitadas





                                                      imaxe sacada da web




buscar as flores máis axeitadas

as máis fermosas

as máis frescas

ir armando coas propias mans frías

da chuvia e da humidade

o ramo ben feito

ás nove da mañá

sen o almorzo quente no corpo

 

pousar na xardiñeira  as rosas chinas

mentres esvara unha soa bágoa

na lentura do día

 

mirala de cerca, logo de lonxe,

vixiar que as rosas estean colocadas

en perfecta simetría

unha vez e outra

saber que a él lle gustaría

o arrecendo que desprenden

e botarlles auga para que se conserven

ata a próxima visita





 

 

 



10 comentarios:

  1. As simetrías da presencia permantente canda nós...

    ResponderEliminar
  2. Un ramillete de poesía para perfumar nuestra vida!
    Gracias Mariola.
    Un abrazo.

    ResponderEliminar
  3. prestoume moito...sempre hai que andar a procura das frores máis axeitadas...

    Un saudiño da Maruxinha :)

    ResponderEliminar
  4. Moitas grazas. Alègrome. Outro saùdo para ti.

    ResponderEliminar
  5. Querida Mariola pasa a dejarte un fuerte abrazo y mis mejores deseos para las próximas fiestas.
    Gracias por tu amistad y cercanía.
    Hasta el año que viene!

    ResponderEliminar
  6. Muchas gracias Adriana. Yo también te deseo unas buenas fiestas. Espero que sigamos visitándonos. Un fuerte abrazo!!!

    ResponderEliminar
  7. Volvo por aquí para desexarche un ano 2019 no que sigas atopando poesía. Da que nos dás e da que tamén te alimentas.

    E bicos, sempre bicos; neste caso ulláns.

    ResponderEliminar
  8. Moitas grazas Chousa!!! Eu tamèn te desexo un bo ano enchido de verbas fermosas. Seguiremos escribindo,si.
    Moitos bicos feneses.

    ResponderEliminar