sábado, mayo 27, 2017

PEQUENA GLADIADORA

Imaxe Balbi López   https://azulecinzadeavenoiteira.blogspot.com.es/
 



 PEQUENA GLADIADORA

Acabo de darme conta do inevitable,
que xa non estás para sorprenderme
no medio da tempestade,
e non creas que non me asusta este mundo
enchido de incoherencias,
pero sei que nacerá outra muller
que leve a túa tibieza no sangue,
outros ollos -que non son  máis que os teus-
asomarán de novo  ao mundo,
verán crepúsculos e amenceres,
pisarán con forza e poderán sentir
os bicos roubados na pel,
desfarán o andado e de novo
apreixarán as locas ganas de vivir
en cada pisada.                                  
Volverá a gladiadora que loitaba
cun arsenal de lapis de cores como coiraza
nas horas escuras
e outro cabelo negro mecerase
no aire da primavera;
este corazón remendado farase forte
con cada latexo
e un ímpeto novo  agromará
no medio das violetas.
Non teñas medo,
nacerán promesas e estrelas ,
o vento, begoña, susurrará
o teu nome por enriba das montañas,
serás libre e fermosa como unha fada do bosque,
serás o que sempre querías ser...

Serás, pequena gladiadora, un alma  pura,
desas que xa non quedan neste mundo,
serás, queridísima, o latexo constante
nas miñas veas...







2 comentarios:

  1. Que acertado e simbólico. A Pequena Gladiadora que se fortalece dende a súa fraxilidade.
    Unha gozada de leitura o teu poema, Mariola.

    Que ilusión me dá cando chego e me atopo que contaches con algunha destas pequenas ilustracións :) Moitas grazas!!!
    Bicos

    ResponderEliminar
  2. Tanto el post anterior como este ultimo sobre la gladiadora, me encantaron.
    Lleno de simbolismo...enfrentar los obstaculos, con corazas de sabiduria para cualquier tormenta inesperada.Un fuerte abrazo querida Mariola.

    ResponderEliminar