miércoles, febrero 15, 2012

Rosas murchas e un corazón que suplica por un novo engrenaxe.

                                      " Cucos" - Manolalago.  Pinchar aquí  para ver máis fotos.




Rosas murchas e un corazón que suplica por un novo engrenaxe.
Suspiros  atrapados no medio dos cables eléctricos.
Murmurio de apertas  que xa non se sinten nin quentan os ombros.
Esgotar  a famenta necesidade do corpo por sorber os últimos folgos de amor.

Mentres tanto, os cucos van temperando  o desacougo.



14 comentarios:

  1. Coas palabras que deixas... e este son dos paxariños e o mar, trasladasteme ao sentir da miña nenez... onde cada día escoitaba algo semellante,que me facía sentir a vida dun xeito máis doce.
    Foi todo un goce escoitar tan fermoso barulliño.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. me gustaría, de verdad,
    poder expresarte lo que siento
    cuando leo tus poemas

    pero da igual como te lo diga
    porque siempre se quedaría pequeño.

    así que sólo te digo que
    se me han llenado los ojos
    de lágrimas.

    en un instante
    he sentido mucho dolor
    y he tenido miedo de perder a alguien querido.

    he visto la muerte de cerca

    mientras fuera
    la vida sigue como si a mí no me hubiera pasado nada,

    en un instante.

    biquiños campeona.

    ResponderEliminar
  3. non sabía que a esa flor lle chamaban "cucos", nós chamámoslle queiroas ou queirugas.
    o poema e desacougante, por mais que digas que os cucos van temperando o desacougo...

    ResponderEliminar
  4. Que bello poema y que bellas flores.

    Un abrazo amiga!

    ResponderEliminar
  5. O canto da lúa- Moitas grazas, eres moi amable. Este barulliño do que falas fai que un se deixe levar polos sons e acabe relaxándose. Polo menos a min me fai desconectar.
    un bico.

    Aldabra-
    Y cómo decirte, amiga Aldabra que tus palabras me han llenado el corazón. Para quien escribe es un honor que sus letras puedan expresar y llegar a los demás. Me siento muy afortunada. Muchas gracias. No sabes el bien que me han hecho.
    un feixe de abrazos.

    zeltia- Tes razón. As flores chámanse queiroas, pero nós desde pequenas lles chamamos así. Unha licencia de miña irmá.
    Grazas por dedicarnos unhas palabras no blog. Seguiremos estando ahí.
    bicos.

    Adriana Alba- Gracias Adriana. A mi también me han cautivado las flores.
    un abrazo y buen fin de semana.

    ResponderEliminar
  6. Seguriño que o zume de rosas murchas é un magnífico lubricante para ese corazón que sigue tendo ganas de later para escoitar ese barulliño vital.
    (As licencias poéticas están permitidas, sempre que aporten "cucadas")
    Bicos con "murmurio de apertas"

    ResponderEliminar
  7. ✿.✿¯`•Flores•´¯✿•para•✿✿•perfumar•✿¯`•este bonito Blog•✿
    ✿¯`•★MaRiBeL★•

    ResponderEliminar
  8. Chousa- Sempre hai algunha raioliña onde agarrarse, si, seguriño, mesmo nese zumo de rosas murchas ou neses cucos que me namoraron. Graciñas.
    beixos para ti.

    ResponderEliminar
  9. Maribel- Gracias Maribel por perfumar con tus flores el mío.
    un abrazo.

    ResponderEliminar
  10. Desde el Canto de la Luna un besito y agradecerte que pasases a visitarme...

    ResponderEliminar
  11. El canto de la luna- Gracias de novo e un biquiño carnavalesco.

    ResponderEliminar
  12. As verbas son desacougantes pero a primavera xa se achega e verás como tempera o desacougo.

    ResponderEliminar
  13. leva razón raposo: o sol entra polos ollos, quenta o corpo e o espíritu.
    todos somos un coa natureza e abrirémonos á vida, como a primavera.

    ResponderEliminar
  14. Raposo- Levas razón, eu xa estou sintindo a primavera no meu corpo. Aínda que é un pouco cedo pero xa noto a súa caloriña.
    un bico.

    Zeltia- si, zeltia, a primavera quenta o corpo e o espíritu.
    Gústame iso que dis de que todos somos un coa natureza. Estou totalmente dacordo. Gústame pechar os ollos e sentir a súa maxia, sentir o cheiro e o vento que me roza...
    un biquiño floreado.

    ResponderEliminar