Cuadro de Escha van den Bogerd
Ata que os seus ollos se acostumaron a escuridade transcorreron fragmentos de tempo pendurados no aire.
Despois de levantarse o fino veo que cubría as catro paredes foi apreciando os mobles da habitación.
A pouca claridade que se intuía a través das aberturas da persiana deixou entrever un sofá veneciano do século dezaoito.
Lentamente, abriu un pouco o panel. As febras de luz inundaron a estancia.
O sofá veludo, vermello como a paixón, erguíase presidindo a cuarto, impoluto . Os fermosos brocados de seda no respaldo esperaban ser rozados polos ombros da muller que descansaba na cama.
As sabas de satén brancas, engurradas, deixaban entrever un corpo delicado, respirando acompasado.
Pouco a pouco foi ulindo o perfume dunha pel salgada .
Acheguouse vagaroso. Cos seus dedos rozou o pelo que lle caía como cataratas nas costas, besou a noca con degoiro e coa lingoa rozoulle a finos beizos.
Separou as sabas delicadamente, esperando contemplar o corpo que tremería ó contacto co aire.
Colleuna nos seus brazos e levouna o sofá aínda media durmida, agardando que espertase o compás dos seus dedos ávidos e poder atisbar así de novo ese lóstrego que recorría os seus ollos cando a posuía.
febras de luz, cataratas nas costas, hum, qué bella escena describes con mimo
ResponderEliminarsaludos blogueros
gustoume como describiches a intimidade do cuarto, consigues unha atmósfera na que están presentes os cinco sentidos, pódese imaxinar tan ben o arrecendo, sentir o tacto das sabas,o veludo do sofá;
ResponderEliminarver esas raias de luz, saborear a pel salgada da caluga dela nos beizos del...
En la vida se me ha acercado nadie "vagarosamente", vamos que yo sepa, pero será la energía que transmite o la pasión contenida....lo único que sé es que "yo también quiero" que alguien se me "achegue vagaroso"...jejeje
ResponderEliminarUna maravilla Mariola.
Besito cielo
Siiiiiii!!!!!!!! funcionó!!!!! Yupi!!!!!
ResponderEliminaralégrame ver que os consellos servíronche... creo que queda moito mello así ¿verdade?
ResponderEliminarcoincido con Tonet en que acercarse vagarosamente é moi sensual... pero digo eu... co ben que se está na camiña ¿por qué no sofá, muller?... é broma, gústame este xeito de contemplar a muller e movela para o seu gusto.
biquiños,
Aldabra
Evidentemente, despois da ben tecida descripción do sofá -vermello paixón-, había que trasladar alí a acción de acompasamento de dedos... ;-)
ResponderEliminarBicos!
Fermoso relato!.Esceas de paixón,sensualidade e tenrura nunha atmósfera que envolve e achega a unha sensibilidade donde os sentidos parecen espertar. Un bico
ResponderEliminarJosé Antonio del pozo- Describir con suavidade, para ir deleitando os oídos.
ResponderEliminarun abrazo.
Zeltia- Alégrome de que che gustara este cuarto enchido de sensualidade.
un bico.
Tonet- Ola Tonet, benvida de novo.
Achegarse vagaroso, lentamente, con suavidade, á verdade quen se pode resistir?
bicos.
Aldabra- Claro que si. Os consellos axudan e sempre son benvidos.
Coincido contigo en que é moi sensual achegarse vagarosamente.
un biquiño.
Chousa- Onde senón mellor que nese sofá roxo paixón?
un bico.
Rosa- Grazas, Rosa. Os sentidos hai que espertalos con palabras, con emocións, con sentimento...
un biquiño.