domingo, abril 03, 2011

Neste labirinto...

Eu, contemplando a posta do sol.

Neste labirinto
de bocas extenuadas
e feroces improperios,

neste mundo
mundano de inxustizas
e agonías,

onde estou eu
e estás ti,
onde estamos todos nos
sen saber quen somos,
sen acariñarnos
nin unha soa vez,

sen bicar de verdade,
sen fundir o noso amor,
sen abrazar a esperanza,
sen mostrar o noso paraíso,
sen ver aínda ollando,

neste teima de procurar
o ben alleo, de perdoar
sen esperar nada a cambio,
de agardar a que o ser
dobregue a razón,

nesta teima estou,
para abrir a fontanela
da vida
e conquistarme!

4 comentarios:

  1. Tamén cando a fontanela se abra...vai ser unha marabilla de bicos certos, de fundición de amor, de abraciños con esperanza, de paraíso amosado, de ver incluso cos ollos pechados...

    Bicos teimudos

    ResponderEliminar
  2. Sí, todo iso fai falta neste labirinto no que vivimos, é na nosa man está moito máis do que nos parece.
    un biquiño apracible.

    ResponderEliminar
  3. pois non vas mal encamiñada... ó final conquistaráste.

    biquiños,

    ResponderEliminar