lunes, enero 04, 2010

Sobes como a burbulla



                                                             Foto sacada de Internet



Sobes como a burbulla
e pousas enriba das nubes
-saltadoiro dos ceos-

Brincas nas estrelas
guiado polos aneis de saturno.

Logo baixas nun intre
para bicarme
e vaste correndo.
Chámote
e non me oes.
Atópote no cuarto
enredado con xogos infantís,
investigando a estructura dun castelo
ou dun coche de carreiras.

Mírote e sorrío.

Detés o tempo
cun só pestanexo.


3 comentarios:

  1. cun só pestanexo, toda unha vida nuns ollos.

    bicos,

    ResponderEliminar
  2. Mirote e sorrio,
    cada vez que te vexo.
    Levas a ledicia na cara,
    e nos dedos,
    estrelas de luz.

    Unha aperta

    ResponderEliminar
  3. Muy bonito M Ola. Mírote e sorrío, detés o tempo cun so pestanexo. Oxalá, se poidera facer, pero aínda que sexa nas miradas tenras das mamás, ou nas miradas de amor por algo, tamén vale ese intre detido de amor.

    ResponderEliminar