jueves, junio 20, 2013

Agárdame a resaca do mar




 
           O baño dos amonites, obra de balbi lópez



Agárdame a resaca do mar.
O argazo vai enleándose nos pés
ata facerme caer de bruzos na area.
Hoxe, é fría e gris, a falta do sol
empardece o seu manto tostado.

Os folgos abandónanme na beira.

Agora séntome ollando a marusía.
Ó lonxe, moi lonxe, o son dunha buguina.
Os ollos escapan na procura desa sonoridade.
Son capaces de navegar quilómetros á deriva
só para descubrir outro xeito de liberación,
un novo desprendemento
deste corpo que loita
cara o inevitable.

As algas van subindo por enriba das pernas,
aprisionan os muslos e navegan no peito.
O alento vólvese pesado
e superficial.  

-Non é doado plantar a semente
para que un día anegue coa crecida do río-

Métome na auga e tremo co seu contacto xélido
mentres vou afundindo lentamente.
Nese intre volve aquel son a coarse nos oídos.
Tira de min cara a superficie.
As xebras van soltando o corpo entumecido
e nun golpe de mar túmbome na praia
acollida por unha  raxeira de sol .

Traio nas mans un baile de amonites.






miércoles, junio 05, 2013

danza

                                                            aqueles  días de baile


recoñezo o arco da vella
no ceo esplendoroso
a suave forma semicircular
no universo noso


cores que eclipsan
os días desgastados
e murchos


atrapo un fío de luz xeométrica
esencia pura e libre


instálase nas miñas cadeiras
e impulsadas polo bafo das fadas
trasládanme a bailar o son
das estrelas


amálgama de coloridos
impulsan o meu van
nunha vertixe sonoroa
e bailo cos meus pés
unha fusión armónica oriental


arte- poesía- música- baile


shiva danzando!



domingo, mayo 26, 2013

antes do un





                                                              Imaxe David Renshaw



antes do un….
mirada lasciva que provoca ao propio corpo
arumes que se cravan na pel erizada
veas  dilatadas  por un só pensamento
peitos que tremen imaxinando…

un….
ti e máis eu

dous…
a proclama do desexo
o xogo  pracentero dunhas caricias
suspiros que embriagan o aire
dedos que deletrean unha nova viaxe

tres…
debuxando o pracer con cada latido
atrapando a fórmula máxica
dun frenesí  acompasado



domingo, abril 28, 2013

Domingo

                                                               Mi pequeño jazmín

                                                              


Ya huele a jazmín.
El aire va meciendo las flores hasta embriagar la habitación de un dulzor exquisito.
Se mecen las cortinas ligeramente mientras la  mirada se cuela por las rendijas de un balcón entreabierto.
El cielo está azul.
Un pájaro dibuja círculos entre las nubes.
El sonido ligero de la brisa adormece la mente.
Y respiro…


 




martes, abril 02, 2013







                                                                Imaxe Alen Kopera



ollos     dun gris enfermizo
mans     frías como xeo da Antártida

latexos     agora máis rápidos
agora máis rápidos
agora  máis rápidos
boom boom boom boom boom…

a espesura
o soño enleado de finas febras acuosas
una súplica
un achegamento fracasado
palabras enchidas de sangue coagulada


tortura que retorce os intestinos
e envelena o sangue que aínda corre polas veas
lágrimas espesas como a túa boca
que só di incongruencias
probar nas carnes  unha nova violencia
de xénero
boom boom boom boom boom...

cansazo magullado nas horas de espera
meixelas  roxas  de quentura
olleiras  profundas como regos
labios   que tremen  mentres rezan
sacudidas dun corpo enfermo pola túa vontade

-por favor mi dios sálvame de esta desolación-

ven a brétema a liberarme
pecho  a loita
deixo de existir
boom                              boom
boom
___________________________


lunes, marzo 11, 2013

Recordo as flores brancas.

                                                                  Imaxe Manolalago




Recordo as flores  brancas.

Erguíanse  as margaridas,
poucas, pero frescas nun  recuncho
onde se coaba a luz do mediodía.

O pequeno xardín…
a terra abonada
coa suor da túa frente
e os cadrís reventados,
as cebolas que espertaban co amencer,
as maciñeiras case centenarias,
as uvas negras,
os figos chumbos…

Ti sentada a carón da figueira.

Eu quería ser a melodía do teu riso,
envolver o teu nome con rosas silvestres,
quentar o peito no teu abrazo.

Mentres, a túa presencia sempre soñadora
como un misterio, agardaba para bicarme
e protexerme e levarme canda as estrelas...

As flores brancas,
ti e máis eu,
nada máis.