Ilustración de Benjamín Lacombe
había un concerto na mirada amable
unha música lixeira que voaba
no aire salgado do paseo marítimo
había sempre un saúdo
un sorriso pleno e acochado
unha muller que tentaba ser ela mesma
había unhos pasos que adornaban o camiño
unha historia que escondía nos adentros
mentres paseaba sola
había dudas seguramente
e soños que non podería cumprir
ringleiras tortas na andadura
que obstaculizaban o pensar
seguramente
e enchíase dos aromas campestres
da brisa que acariciaba os sauces blancos
á beira do banco
onde non sentaba nunca
había vida e encantamento
ata que un corvo anidou nos ollos...
UN RECORDO, UN CINAMOMO ROSA. UNHA IMAXE, A MIÑA MADRIÑA FALÁNDOME. COIDO QUE NESE "AGORA" DA MIÑA INFANCIA COMECEI A OLLAR COMO POETA.
lunes, marzo 23, 2015
miércoles, marzo 11, 2015
Apenas quedó un leve rastro de nuestras sospechas
Ilustración Becca Stadtlander
Apenas quedó un leve rastro de nuestras sospechas. Sabíamos
por instinto que el deseo contenido a lo largo del tiempo mataba la cordura, pero
nunca imaginamos que el simple roce de nuestros dedos nos devolvería a la más
cruda realidad.
Habrías sembrado la semilla. Habrías recogido los frutos
todavía verdes y me habrías dejado volar
con el único recuerdo: el de mis versos que recorrerían el más profundo abanico
de mis sensaciones dormidas.
domingo, febrero 01, 2015
Marchei un día gris, frío e húmido
Imaxe saca da Web
Marchei un día gris, frío e húmido, un día no que o único
pensamento que me roldaba nos miolos era agocharme para sempre debaixo dunha
mimosa.
Enchouparme co seu cheiro doce. E comezar de novo.
Dáste conta de cantas veces cho dicía?- Como será volver de novo á vida, desaprender
todo o vivido, deixar os lastres na vía de calquera estación e machucar as ideas repetitivas que sen
permiso van retorcendo o noso camiño?
Desaprender, buscar de novo o principio das cousas…
Volver a escribir sen saber como se escribe…
Correr polos balados sen medo a vertixe…
Amarte simplemente, como aman os nenos…
Debaixo dunha mimosa...
Mentres ti mirábasme
sen entender nada…
lunes, enero 12, 2015
Es preciso que te recuerde que habito en ti.
Es preciso que te recuerde que habito en ti,
en la suavidad con que penetran tus ojos en lo míos,
en la enigmática mirada que me desarma,
en el roce de tu piel acariciando mis orillas.
Es preciso que sepas que he volado hacia tu corazón,
donde está mi hogar.
Es preciso que en el transcurso de nuestras vidas
juguemos a ser lo que ya somos,
uno solo bajo este cielo, mi amor.
domingo, noviembre 09, 2014
Son pequeno, fráxil...
habito na sombra
do que fun.
Son un gran de maínzo
na horta que plantei
coas miñas mans.
Traio recordos húmidos
de tempos idos;
lembro un sorriso feiticeiro,
una saia impulsada
co compás do vento.
E camiño descalzo,
sóbeme unha formiga
polos pés.
Recollo careixóns
para unha boca encarnada
de mapoula.
Pero o folgo do vento
vai esfiañando os recordos.
Agora moro na sombra
do que fun.
Ando curto de pensamentos.
Retrátanse os anos nas engurras
da fronte.
Veño de onte
para acabar en mañá.
E solapo a miña pena
nunha saudade silandeira.
jueves, octubre 23, 2014
El aire sueña conmigo
Ilustración Andrey Pongracz
El aire sueña conmigo.
Me despeina.
Navega en mis mejillas y se cuela por el lagrimal de mis
ojos castaños.
Y entro en
escena sollozando, suspirando al viento
del Norte.
domingo, septiembre 14, 2014
Era unha principiante
Imaxe de Holly Sierra
Era unha principiante querendo captar unha raiola coándose
entre os bidueiros,
unha comerciante tratando de mercar a luz espallda nunha
figueira.
Era unha aprendiz absorbendo o fulgor dun sol alaranxado no
milleiral,
unha bruxa capturando a lúa acaramelada dos días de
setembro.
Era unha nena, unha deusa, unha fada que se escondía nas
fragas debaixo dun tileiro,
unha muller mirando a través destes ollos…
domingo, agosto 24, 2014
Quiéreme
Cuadro- Leandro Lamas.
Quiéreme, aunque sea mentira.
Yo me imaginaré que tus manos me desean de verdad.
Que tus labios me besan con amor.
Que tus abrazos llenan mis vacíos.
Y en el camino quizás te des cuenta...
lunes, agosto 04, 2014
miércoles, julio 09, 2014
Había un xardín
Imaxe manolalago
Había un xardín pequeno onde a nena xogaba,
unha luz no ceo redonda
como unha laranxa,
estrelas que se coaban entre as calas,
risas que estoupaban no aire.
Había maxia nos fentos...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
.png)





