
Kwan Yin
Non sei desde cando supura esta ferida, tan soberbia que non quere despegarse da miña carne.
Non me decato -ou sí- cando suspirei a carón do teu leito.
Nin cando amenceu oscuro e frío.
Espero unha resposta que non chega, un perdón que non encontro.
Mentres, a vida sigue o seu curso.
e comeza a música
na emoción máis lene
escoito o silencio