domingo, diciembre 05, 2010

alén da tristura...



alén da tristura
alén das ás partidas
nun veo púrpura

alén da mágoa
nunha lágrima

alén do meu corpo feble
e somnolento

alén da fina brétema
que nubra o día

alén da morriña
zurcindo latexos

alén do resío
nun bambú tronzado

alén do tempo
nas costas

alén das apertas
non dadas

alén deste orballo
alén da inquietude

alén do sufrimento