alén da tristura...
alén da tristura
alén das ás partidas
nun veo púrpura
alén da mágoa
nunha lágrima
alén do meu corpo feble
e somnolento
alén da fina brétema
que nubra o día
alén da morriña
zurcindo latexos
alén do resío
nun bambú tronzado
alén do tempo
nas costas
alén das apertas
non dadas
alén deste orballo
alén da inquietude
alén do sufrimento
Por moita inquietude triste, latexos zurcidos e bágoas tronzadas; estou seguro que nese xardín segredo hai moitos pétalos fermosos e moitas notas interpretadas con pracer...
ResponderEliminarBicos punteados
Gracias Chousa por estas palabras tan fermosas. É curioso que unhas notas profundicen tanto nos sentimentos e quiten de nós tantas emocións.
ResponderEliminarun bico grande.
uuuuaaaauuuuu¡¡¡¡ que pasada Mariola¡
ResponderEliminarQue bello y que triste...
Un abrazo guapa :)
Gracias tonet por tus palabras. La vida, que es así de dura y de bella.
ResponderEliminarotro abrazo para ti.
Podo imaxinar , un día nubrado , coa brisa movendo os meus cabelos e os meus pensamentos cabalgando as costas do aire que move as flores que enchen os campos......Mariola , fasme voar coas túas palabras!!!!.Moitos bicos.
ResponderEliminarEu vó tamén sempre co teu sorriso inundando o aire.
ResponderEliminarguapa!