domingo, febrero 01, 2015

Marchei un día gris, frío e húmido




                                                                Imaxe saca da Web 


Marchei un día gris, frío e húmido, un día no que o único pensamento que me roldaba nos miolos era agocharme para sempre debaixo dunha mimosa.
Enchouparme co seu cheiro doce. E comezar de novo.

Dáste conta de cantas veces cho dicía?-  Como será volver de novo á vida, desaprender todo o vivido, deixar os lastres na vía de calquera estación  e machucar as ideas repetitivas que sen permiso van retorcendo o noso camiño?

Desaprender, buscar de novo o principio das cousas…
Volver a escribir sen saber como se escribe…
Correr polos balados sen medo a vertixe…
Amarte simplemente, como aman os nenos…

Debaixo dunha mimosa...
  

Mentres ti  mirábasme sen entender nada…