imaxe gerogia o´keef
a lámpada acesa dominaba a estancia
flotaba no aire a densidade cálida dunha mirada
volvíase mesta e nubrada a atmosfera
mentres o incienso alardeaba da súa fragancia
vertíase o devezo na complicidade dos corpos
fóra as folerpas caían lentamente na balaustrada
e un delicioso sopro coábase entre as rendixas da fiestra
un xogo de compases entraban en escea
a inmensidade duns ollos profundos excitados
saían ó encontro dos xemidos e un suspiro longo anunciaba...
caricias mainas
besos tibios…
mans expertas
que recorren os límites
pegadas á pel suorosa…
contoneo de xemidos…
invasión e loucura
do pracer liberado…