"El grito" de Edward Munch
Da fraxilidade.
Da fraxilidade.
Fía pensamentos
a carón do lar.
Perseguida polo pasado,
xirando como a moa
dun muiño vello
e fariñento,
alimenta un berro
melancólico.
O seu berro,
que explosiona
coa presencia dun apreixo
pasivo.
E esquece todo contacto
intimista, mentres él
escoita un laio profundo
que tamén é o seu.