lunes, octubre 31, 2011

escollía as castañas unha a unha con esmero...



escollía as castañas unha a unha con esmero
con esmero pelábaas unha a unha
ó son da súa musiquiña
tranquilo   concentrado

con esmero poñíaas a cocer
botando de vez en cando unha ollada
á pota que fervía

mentres   no outro lado do corredor
eu podía ulir o cheiro tan fino
que se ía propagando pola casa

e con esa musiquiña
que só él sabía cantaruxar
enchíaseme o peito de ledicia
un ano
e outro
e outro ano...